domingo, 23 de febreiro de 2014

Materia subatómica



"O Paradoxo de Fermi" é a contradición de que a pesar de que existen teorías que aseguran que hai máis vida intelixente no universo, o ser humano nunca tivo contacto con intelixencia extraterrestre.

Para algúns investigadores, esta falla débese a un reflexo da forma na que buscamos, proxectando os nosos propios paradigmas existenciais. Para Hugo de Garis, investigador de intelixencia artificial, antigas civilizacións extraterrestres poderían ter aproveitado os poderes computacionais da materia subatómica diseminándose nos elementos para formar unha complexa rede de tecnoloxía vivente, a menor escala e moito máis eficiente que a colonización de planetas con aparatosas naves espaciais.

De Garis fala sobre o seu X-Tech (tecnoloxía extraterrestre atómica), que prové unha posible solución ao Paradoxo de Fermi.Tal vez non están a vivir fóra noutros planetas, senón que existen ao interior dos átomos e as partículas. Talvez deberiamos de estar a buscar dentro das partículas elementais xa que estas criaturas activadas a estas escalas diminutas operarían moito máis rápido, con maior densidade e con niveis de desempeño superiores. Talvez necesitamos cambiar de paradigma, do espazo exterior ao espazo interior, de SETI a SIPI ( the Search for Infra Particle Intelligence).

As hiperinteligencias que teñen miles de millóns de anos máis ca nós no noso universo (que é unhas tres veces máis vello que o noso sol), probablemente se reduciron para alcanzar maiores niveis de performance. Civilizacións enteiras poderían estar a vivir dentro de volumes do tamaño dun nucleón ou máis pequenos.

Sen embrago, algo que non menciona De Garis é a posibilidade de que estas intelixencias extraterrestres tamén se diseminasen a través de microorganismos como virus e bacterias. Isto, especialmente considerando que é sumamente posible que a vida iniciase no noso planeta a través de microorganismos provenientes das estrelas.
Por que non pensar que unha civilización extraterrestre se inseminase a si mesma en nós? Que mellor forma de controlar que dende dentro? Resulta desaforado, pero non completamente implausible, pensar que existe unha rede de intelixencia bacterial ou viral que computa información de xeito distribuído, un paso máis alá da "mente global" prehumana das bacterias que esboza Howard Bloom.

Ningún comentario:

Publicar un comentario