Nova tecnoloxía
IBM anunciou que deu un novo paso en
incorporar grafeno á electrónica moderna. Desenvolveu un chip que, aínda que
está fabricado principalmente por silicio, utiliza o material a base de carbono
para construír os transistores.
Segundo a compañía, o grande avance desta nova
tecnoloxía é que permite integrar ambos os dous materiais -silicio e carbono-
nun único chip, e sen cambiar demasiado os procesos industriais convencionais.
Neste caso desenvolveron un circuíto que converte un sinal de radiofrecuencia
analóxica en dixital.
A tecnoloxía desenvolvida por IBM pode permitir substituír algúns compoñentes dos circuítos por grafeno, e mellorar as súas capacidades no proceso, xa que é mellor condutor que o silicio. Ademais, permite implantalo sen degradar ou alterar o resto do circuíto.
Aínda que aínda non está listo para o seu uso
comercial, a técnica de IBM podería permitir o desenvolvemento de chips de
telecomunicacións de alta capacidade. Teléfonos móbiles, conexións de rede ou
mesmo radares.
Para conseguir isto os enxeñeiros de IBM -que
traballan dentro dun proxecto para a Axencia de Proxectos Avanzados de Defensa
de EUA (DARPA)- colocan unha película de grafeno como a capa superior do
circuíto completo mediante unha especie de forno que permite realizar a
deposición.
IBM xa creara unha tecnoloxía parecida, e
presentouna en 2011. Segundo os propios investigadores neste tempo conseguiron
mellorar a velocidade do seu chip 10.000 veces.
Ningún comentario:
Publicar un comentario