domingo, 23 de febreiro de 2014

Futuro cercano


Un debilitamento do 15 por cento en tan só 200 anos
"O impacto podería estar xa a ser desvastador para a humanidade, cambiando radicalmente o clima do planeta e o aumento das taxas de cancro", sentenciou o profesor Richard Holme, condutor do equipo que realizou o estudo na Universidade de Liverpool, e que publica o Daily Mail.

O traballo podería verse avalado en breve polos resultados primarios da misión "Swam", un trío de naves espaciais lanzadas á órbita terrestre para que estuden as formas en que está a cambiar o magnetismo da Terra.


Se ben haberá que esperar eses resultados, os científicos realizan proxeccións matemáticas en función dos parámetros que xa coñecen con resultados nada prometedores: se o campo magnético segue diminuíndo -afirman- a Terra podería rematar como o planeta Marte, que no seu momento tivo mares e terras diferenciadas pero concluíu sendo totalmente árido e dunha sequidade tal que a vida se fixo insostible. Se é que a houbo algunha vez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario