domingo, 23 de febreiro de 2014

O CERN


(perigos)


O confinamento inercial supón un paso importante cara á fusión da enerxía nuclear?

Efectivamente se están a dar avances, tanto na tecnoloxía que se está a utilizar en Estados Unidos (confinamento inercial), como, dentro do proxecto ITER, no sur de Francia, de confinamento magnético. Eu non son un especialista niso, pero parece ser que as investigacións están a avanzar máis rápido do que os investigadores esperaban. Quizais se poidan ter prototipos, para logo avanzar na aplicación industrial, no prazo de dez anos.

Pódese dicir que a fusión nuclear está máis preto?

Insisto, eu non son un experto, pero, polo que me chega, diría que si. Haberá que ver, porque hai toda unha serie de intereses nas enerxías actuais, e os investimentos que fixeron necesitan rendibilizalas.

Que está a pasar coas investigacións do acelerador de partículas doCERN?

Agora estanse a adaptar todos os detectores do CERN, e o acelerador estase revisando e mellorando a capacidade dos imáns, así como toda a cuestión dos empalmes. Un vez que se poña todo isto en orde, poderase duplicar a enerxía que xa se alcanzou. Está programado para que se reinicie o ano que vén. Poderanse alcanzar medidas de máis precisión das desintegracións do Higgs. Todos estamos asombrados de que as cousas vaian tan ben como se predicía no modelo estándar. Gustaríanos que as cousas non fosen tan ben...

Como hai que entender iso?

Porque o modelo estándar explica moitas cousas, pero non explica outras. E como vai tan ben, tan ben, a cousa, non dá lugar á explicación desas outras cousas.

A teoría da relatividade segue en pé?

Claro, claro. Funciona. Funciona a teoría da relatividade e a teoría da relatividade xeral. Non hai ningún problema.

Ningún comentario:

Publicar un comentario