domingo, 23 de febreiro de 2014

Magnetismo



Estudos da Universidade de Liverpool (Inglaterra), afirman que os cambios no campo magnético terrestre están a ter consecuencias fulminantes sobre a poboación e o clima no mundo.

A magnetósfera regula o comportamento das partículas cargadas no espazo preto da Terra e proteje noso planeta do vento solar.
A magnetósfera é un campo de miles de quilómetros sobre as nosas cabezas, que en primeiro lugar nos protexe das radiacións e tormentas solares, pero ademais ten forte incidencia no clima en xeral.

En tal sentido, a importancia da magnetósfera, é cada vez máis destacada: actualmente algúns sectores da ciencia cren que o quentamento global está máis relacionado co campo magnético que coas emisións de CO2.


O debilitamento da capa xeomagnética aumenta a exposición dos seres terrestres á radiación cósmica, o cal sería unha das causas do aumento das enfermidades oncológicas no planeta. A radiación podería estar a ser ata cinco veces máis por esta causa que polos buratos na capa de ozono provocados polo home, afirman algúns científicos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario