xoves, 8 de maio de 2014

Buratos de verme

Viaxar através dun burato de verme para curvar o espazo tempo e aparecer noutra galaxia a millóns de anos de distancia da nosa, podería supoñer unha viaxe épica se se cumpre a hipótese lanzada polo astrofísico Andrew Hamilton.

Segundo Hamilton, Buratos Negros e Brancos son as dúas caras dun burato de verme, un punto de entrada, o burato negro, un punto de saída o burato branco. O primeiro paso sería chegar ao horizonte de eventos do burato negro, tal e como xa expuxo na súa publicación de abril de 2009, en NewScientist.

Na aproximación, abriríanse unha serie de camiños que equivalerían a diferentes puntos de ataque ou realidades supersimétricas que conducen a diferentes puntos do Universo. Unha vez que nos internamos no burato negro, a aceleración é retrógrada, de forma que para o observador daría a sensación de que unhas partes permanecen paradas, mentres que no destino a aparición se produce antes que na orixe a entrada nel.

No momento da saída polo horizonte branco, apreciariamos unha retroacción ao pasado do Universo, chegando a outro lugar de destino nunha Galaxia afastada, moito máis antiga que a nosa. Se a hipótese de Hamilton fose correcta, os buratos centrais de moitas Galaxias poderían estar interconectados entre si, o que posibilitaría os puntos de entrada e de saída.




Ningún comentario:

Publicar un comentario