domingo, 23 de febreiro de 2014

Fe na ciencia



Hoxe as teorías científicas en xeral non se refutan; apróbanse e aceptan en canto son parte de teorías máis amplas e exhaustivas. Por este motivo, as leis do movemento de Newton seguen estando presentes para dicirnos que acontecerá se nunha rúa conducimos contra o tráfico; pero soamente se aplican cando a masa do corpo é de tamaño mediano (non por exemplo, pequena como un electrón ou grande como unha estrela) e as correspondentes velocidades son baixas (ata unha fracción da velocidade da luz). Fóra destes límites, teorías como a teoría da relatividade de Einstein mostran que as leis de Newton -dentro dese rango de masa e velocidade- son unha aproximación dunha teoría máis ampla. Agora ben, talvez as teorías de Einstein esperan ser consideradas parte de algo máis amplo e aínda máis completo.


Pero eses desenvolvementos das teorías científicas non deben favorecer a desconfianza en relación coa ciencia nin nos incitar a adoptar un enfoque que considere a Deus un "recurso provisional", onde unha lagoa percibida nun coñecemento científico actual supostamente deixa espazo para algo sobre o cal a ciencia non está en condicións de dar conta e polo tanto só pode explicarse recorrendo a unha fonte sobrenatural, é dicir, a Deus. A nosa fe debería permitirnos ter confianza nas leis da ciencia (e na validez dos esforzos da ciencia) para así crer que poden ser parte integrante da creación de Deus, máis que algo que debe explicarse separadamente ou a pesar do amor de Deus á creación.





Ningún comentario:

Publicar un comentario