domingo, 23 de febreiro de 2014

Enerxía solar


Posiblemente encontrémonos ante a solución definitiva ao xeito de aproveitar a enerxía solar para transformala en electricidade. Esta curiosa estrutura parece estar recén sacada dunha película de ambiente futurista pero trátase dun xerador de enerxía solar autónomo. André Broessel foi o autor deste curioso deseño.

Tras ser analizado e tido sido estudado, esta disposición de paneis fotovoltaicos en esfera son un 35% máis eficientes que os tradicionais, e moito máis cando se lle adapta un modelo de seguimento do Sol para non desaproveitar nin un só raio de luz. O principal motivo polo que Broessel decidiu crear esta grande orbe de cristal non foi outro que xustificar que é a Terra quen se move arredor do Sol e non ao revés, como parecen funcionar os paneis solares tradicionais, que ao ser fixos non son tan eficientes.

Esta esfera actúa como unha especie de lente capaz de enfocar toda a luz captada pola superficie desta a un mesmo punto, aumentando a súa sostibilidade e eficiencia. Á súa vez, leva incorporado un sistema de rastrexo intelixente co que detectar onde se encontra a maior cantidade de luz en condicións meteorolóxicas adversas.
Outra baza a favor deste invento é que é máis respectuoso co medio, en canto aos materiais dos que está construído. Por outro lado, este non é máis que un proxecto base do que se pode chegar a mellorar neste tipo de proxectos de aproveitamento de enerxías renovables.

Como non podía ser doutro xeito, trátase dun novo proxecto de crowdfunding polo que o seu deseñador necesita recadar 120.000 dólares para sacar esta orbe de cristal ao mercado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario