domingo, 23 de febreiro de 2014

O KM3NeT


A decisión sobre a futura situación do telescopio de neutrinos máis grande do mundo toma estes días nunha reunión en Vilanova i a Geltrú (Barcelona). Será nunha reunión con máis dun centenar de científicos de todo o mundo auspiciada pola Universidade Politécnica de Cataluña (UPC).

Este telescopio, denominado proxecto KM3NeT e en cuxa construción participará a UPC, servirá para estudar o Universo dende o fondo mariño, ver o impacto da contaminación acústica no mar, así como fenómenos astronómicos e de física de partículas.

Os científicos, que permanecen en Vilanova ata o próximo venres, teñen previsto analizar cual será a mellor situación para este gran telescopio, que será a segunda infraestrutura máis grande realizada ata agora despois da gran muralla chinesa, e superará en altura o Burj Khalifa de Dubai -o edificio máis alto do mundo-, pero mergullado centenares de metros no fondo do mar.

Captación de neutrinos



Segundo explicou a UPC, este tipo de telescopios permiten capturar neutrinos, unhas partículas subatómicas que non teñen practicamente masa, electricamente neutrais.

Os neutrinos emítense durante unha desintegración radiactiva e poden achegar valiosa información dos fenómenos astrofísicos onde se producen, como as explosións de estrelas ou supernovas, os buratos negros, os centros activos de galaxias e outros fenómenos extremos do Universo.

O obxectivo destes instrumentos é localizar neutrinos e descifrar as súas características e para iso hai que detectar a chamada radiación de Cerenkov, que é o rastro que deixan as partículas cargadas de neutrinos cando entran na atmosfera terrestre.

Este feito pódese ver mellor dende o fondo do mar, onde non hai contaminación lumínica e para detectalo se dispoñen tubos fotomultiplicadores que captan as pequenos sinais de luz e transfórmana nun sinal eléctrico.


Estes tubos e os seus fotodetectores son os verdadeiros "ollos" do KM3NeT, que miran cara ao fondo do mar para estudar os fenómenos astronómicos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario