domingo, 23 de febreiro de 2014

Radiación marciana


Un estudo elaborado polo equipo da misión Curiosity da NASAdestacou que só a viaxe de ida a Marte expoñería un astronauta a uns niveis de radiación 15 veces superiores ao límite anual que se lle impón a un traballador de central nuclear.

Os datos achégaos o propio robot que tardou en chegar a Marte 180 días e nese tempo estivo exposto a uns 300 mSv, o equivalente a 24 tomografías, e iso "só para chegar ao planeta", destacaron os autores.

Este traballo, que foi publicado en 'Science', levouse a cabo cos datos que recolleu o rover dende que comezou a súa misión no planeta vermello. Neste sentido, os expertos recoñecen que, aínda que a radiación sempre foi un tema de estudo dende a axencia espacial estadounidense, case todo o que sabe "se aprendeu nos últimos 200 días", grazas ao robot.

Durante moito tempo sóubose que o espazo é un lugar perigoso para permanecer durante moito tempo debido á radiación pero cría que, unha vez que os exploradores aterrasen con seguridade na superficie de Marte, o planeta proporcionaría protección dos estragos da radiación.

Non obstante, este novo estudo di o contrario. Os datos demostraron que a aterraxe no planeta resolve o problema só parcialmente, xa que a radiación cósmica que chega na distancia está bloqueada, pero só se reduce á metade. Segundo os expertos, a protección contra as partículas solares fortes é de mala calidade e inconsistente xa que a atmosfera marciana é exigua e está, en moito casos, dominada polo vento solar.

"A variabilidade nos niveis de radiación é moito máis grande do esperado", sinalou o investigador principal, Don Hassler, que, ademais, explicou que as taxas semanais e mensuais recollidas co robot son variables ao longo do ano marciano. "Tamén hai variacións estacionais na radiación", apuntou.

A NASA destaca que é a primeira vez que se fan lecturas de radiación tan precisas e dende a superficie doutro planeta. Este aspecto é case imposible de estudar dende a Terra xa que esta está protexida pola magnetosfera e unha atmosfera relativamente grosa. "Pero agora sabemos que a radiación é un feito cotián da vida en Marte", indicou Hassler.

Ningún comentario:

Publicar un comentario