domingo, 23 de febreiro de 2014

Minería espacial




A axencia espacial, de feito, xa está a operar con privados para levar provisións á Estación Espacial Internacional nunha alianza que funcionou ben e que se está a facer cada vez máis necesaria para a axencia, cuxo presuposto se viu reducido.

Os robots de exploración expacial iranse incrementando no presente século
Espérase que unha ou dúas compañías obteñan contratos para construír robots de exploración, o que sería o primeiro paso para facer minaría no satélite natural da Terra. O contrato non implicará un financiamento de parte do goberno de EUA, aínda que o proxecto recibirá apoio da NASA.

Non obstante, segundo un tratado da ONU de 1967, os países non poden reclamar terreos na Lúa, polo que a posibilidade de explotar os seus recursos por parte de empresas privadas espertou unha vez máis o debate sobre os dereitos de propiedade en terreo extraterrestre. De prosperar a intención da NASA, podería levar a modificar o tratado, ou crear solucións alternativas que permitan explotar os recursos da Lúa.




Ningún comentario:

Publicar un comentario