domingo, 23 de febreiro de 2014

Misións marcianas


Este traballo vai ser de grande importancia para as futuras misións ao planeta vermello, segundo destacou a coautora do estudo,Jennifer Eigenbrode. "A radiación é probablemente o parámetro clave para determinar as alteracións que están a experimentar as rochas e a materia orgánica da superficie", explicou.

Eigenbrode apuntou que isto se debe a que as partículas máis poderosas no aire tamén penetran no chan marciano. Ao chocar na superficie, as artículas solares enerxéticas e dos raios cósmicos galácticos producen raios gamma e neutróns que doadamente poden romper os enlaces moleculares no chan.

"Estes eventos puideron borrar todas as probas da vida preto da superficie", alertou a investigadora, quen indicou que para achar moléculas orgánicas intactas haberá que cavar máis profundo, por debaixo dun metro, no chan marciano.

Neste sentido, destacou que o estudo facilitou os labores de busca, porque agora poden saber como e onde buscar as evidencias, antigas ou actuais, de vida.


Do mesmo modo, utilizaranse estes datos para mellorar o deseño dos traxes e dos hábitats dos futuros astronautas, así como para planificar mellor as súas actividades extravehiculares. "Co que aprendemos, podemos empezar a establecer sistemas de predición do clima", concluíu. vez lles toca en sorte trasladarse uns anos atrás, por favor, non cometan ningún erro.



Ningún comentario:

Publicar un comentario