domingo, 23 de febreiro de 2014

O LHeC

O LHeC, céntrase nun novo acelerador de electróns cuxo potencial analizará, entre 2014 e 2017, un grupo de investigadores que conta entre os seus coordinadores co galego Néstor Armesto, profesor da Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Néstor Armesto é o único español que forma parte do grupo de nove persoas que coordinarán, a día de hoxe, a máis de 150 científicos dunhas setenta institucións de distintos países, unha cifra que moi probablemente medrará con novas adhesións. É ademais un dos dous únicos físicos teóricos do equipo que encabeza un proxecto que permitirá valorar a viabilidade da construción do novo acelerador de electróns a mediados da década de 2020.

Ningún comentario:

Publicar un comentario