domingo, 23 de febreiro de 2014

A fusión nuclear


O logro da fusión nuclear por confinamento é unha boa noticia. Serao máis cando se materialice en reactores comerciais de fusión. Na técnica de confinamento empréganse láseres de elevada potencia que inciden sobre unha pequena mostra de material logrando as condicións de elevada presión e temperatura, propias dos partes máis internas dos estrelas, e forzar así as unións entre átomos. Non obstante, a que non dá despegado é a fusión por confinamento magnético, na que se empregan potentes campos magnéticos para reproducir no seu interior as condicións para a fusión con liberación neta de enerxía. Os reactores nucleares que perviven son os de fisión. Sería bo para a produción de enerxía limpa que os reactores nucleares de fusión ocupasen o seu lugar a medida que se vaian apagando.

Fusión nuclear: gran paso científico en California

Ningún comentario:

Publicar un comentario