domingo, 23 de febreiro de 2014

Óptica futura


O futuro KM3NeT (siglas procedentes de Km3 Neutrino Telescope) será dun tamaño cincuenta veces superior ao do seu predecesor, o ANTARES (Astronomy with a Neutrino Telescope and Abyss Environmental Research).

Durante os últimos 15 anos, o antecesor do KM3NeT recolleu datos astronómicos dende 2.500 metros de profundidade do Mediterráneo, preto da costa da Provenza (Francia). Precisamente, no encontro científico que se iniciou en Barcelona tamén avaliaranse os resultados obtidos por este telescopio.
                           


                                    

 Seguindo o modelo do ANTARES, o KM3NeT estará formado por unha reixa tridimensional de fotodetectores de alta sensibilidade fixados en cables, que, dende o fondo do mar, se elevarán centos de metros en dirección á superficie, formando un gran cilindro.

A UPC proporcionará a tecnoloxía para revelar o comportamento diario dos organismos mariños das augas máis profundas e a influencia do ruído e contribuirá a detectar a pequena carga acústica que produce o neutrino ao impactar na auga do mar.

De España, ademais do LAB da UPC, tamén participa o Instituto de Física Corpuscular (IFIC), un centro mixto do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC e da Universidade de Valencia), que coordina a participación científica española. Tamén participa un grupo de investigación da Universidade Politécnica de Valencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario