luns, 12 de maio de 2014

Antigravidade

Aínda non se coñece o comportamento das antipartículas nun campo gravitatorio: isto poderíase observar comprobando se un feixe horizontal de positróns ou de antiprotóns provenientes dun acelerador se curva cara a arriba ou cara a abaixo no campo gravitatorio da Terra, pero estas partículas producidas por colisións desprázanse a velocidades próximas á da luz no baleiro, polo que a curvatura a observar estaría na orde dun diámetro nuclear por quilómetro de lonxitude do feixe (0, 000 000 000 000 1 cm), e por agora non é posible medir curvas tan pequenas.

Se as antipartículas ou a antimateria se movesen en sentido inverso á materia común nun campo gravitatorio, botaríase por terra o Principio de equivalencia e con el á teoría xeral da relatividade, aínda que non outras teorías relativistas da gravitación.

Un experimento conceptual polo que se verificaría doadamente a inexistencia de antigravidade é que a gravidade está na masa e non na materia como tal (a antimateria é masa con cargas eléctricas opostas), a masa está un nivel por debaixo da materia bariónica ordinaria -e a materia é masa con cargas eléctricas endóxenas-; polo tanto e porque non existe antimasa ou antiaglutinación de enerxía (anticromodinámica gluónica) pode existir de xeito ningún unha forza gravitatoria repulsiva para coa materia fisicoquímica coñecida. A Lei de Conservación da enerxía-momento, o Principio de equivalencia e por ende a Teoría Xeral da Relatividade serían reafirmados tras isto, quedarían indemnes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario