martes, 13 de maio de 2014

ONU

Co avance constante que vemos no campo da robótica é inevitable facerse a gran pregunta: Cando empezaremos a usar robots autónomos para matar persoas? Por agora xa se están a usar drones teledirixidos en operacións militares, que en ocasións acaban con vítimas inocentes; arredor desta práctica xerouse un debate sobre se é ético matar a distancia coma se estivésemos a xogar a un videoxogo, así que é de esperar que o uso de robots autónomos que deciden pola súa conta os seus obxectivos baseándose en algoritmos reciba o mesmo tratamento da sociedade.
Agora a ONU está disposta a iniciar este debate no Convenio sobre Certas Armas Convencionais (CCW polas súas siglas en inglés) que se celebra esta semana. Aínda que aínda non existen robots que poidan identificar e disparar a obxectivos sen intervención dun ser humano, é de esperar que ao ritmo que leva a industria estes aparezan mais pronto que tarde, e o último que quere ninguén é que un país os despregue no campo de batalla antes de que exista unha lexislación ao respecto.




Pero sobre todo o principal punto en contra para usar estes robots é ético, afirman organizacións como Human Rights Watch (Observación dos dereitos humanos) e a Facultade de Dereito de Harvard, que nun novo informe analizan as consecuencias de usar os chamados "robots asasinos".
Os científicos tamén teñen algo que dicir ao respecto. Esta non é unha situación moi diferente á que viviron as persoas detrás dos descubrimentos que levaron á bomba atómica; descubriron unha gran fonte de enerxía, pero tamén ao mesmo tempo a arma mais mortífera que coñeceu a humanidade. Os enxeñeiros e científicos que hoxe traballan en Intelixencia Artificial e sistemas robóticos temen que o seu traballo teña un destino similar, e por iso o ano pasado expertos de 37 países asinaron a favor da prohibición total destes robots autónomos con fins militares ou policiais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario