Supernova
Unha supernova é unha explosión estelar que pode
manifestarse de forma moi notable, mesmo a simple vista, en lugares da esfera
celeste onde antes non se detectara nada en particular. Por esta razón, a
eventos desta natureza chamóullelos inicialmente estrelas novas ou simplemente
novas. Co tempo fíxose a distinción entre fenómenos aparentemente similares
pero de luminosidade intrínseca moi diferente; os menos luminosos continuaron
chamándose novas, en tanto que aos máis luminosos se lles agregou o prefixo
«super-».
Este termo foi utilizado dende a antigüidade para indicar a
explosión dunha estrela branca e pequenas nas súas capas externas, as cales
producen unha luminosidade que pode aumentar 100.000 veces o seu brillo
orixinal. Esta luminosidade dura uns poucos días e, en ocasións, pode ser
observada a simple vista dende a Terra. Ao ver un novo resplandor no ceo, os
seres humanos crían que aparecera unha nova estrela. No mes de agosto de 1975,
apareceu unha nova que puido ser observada a simple vista dende a Terra,
durante algúns días. Esta nova xurdiu da explosión dunha xigante vermella.
As supernovas producen fulgores de luz intensos que poden
durar dende varias semanas a varios meses. Caracterízanse por un rápido aumento
da intensidade luminosa ata alcanzar unha magnitude absoluta maior que o resto
da galaxia. Posteriormente o seu brillo decrece de forma máis ou menos suave
ata desaparecer completamente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario