martes, 13 de maio de 2014

"APPs" do futuro

O de que o Smartphone serve para todo, está quedando patente cada día: por se non fose suficiente coa case desaparición dos MP3, o desprazamento que sufriron os GPS dedicados, os reprodutores de vídeo portátiles... pero o que é moito mais difícil é que empece a substituír cousas de ámbitos profesionais, como pode ser a medicina. Fixéronse pequenos avances ao respecto, aínda que coa noticia que temos hoxe queda moito mais claro que a masificación destes fixo posibles cousas que ata hai uns anos eran completamente impensables.
O caso é que investigadores na Universidade de Houston foron capaces de crear unha aplicación para Smartphones (en realidade para iPhone, aínda que iso é outra historia) que detecta o melanoma ou cancro de pel mellor do que podería facelo o teu médico de cabeceira. A aplicación en si chámase DermoScan, e con sacar unha fotografía da nosa pel é capaz de determinar se pode ser cancerosa ou non para posteriores exames médicos. Nas primeiras probas da aplicación foi capaz de detectar cun 85% de efectividade o cancro de pel, o cal fai que sexa igual de efectivo que o diagnóstico dun dermatólogo e chegue a ser mellor que un médico de cabeceira na media.
Se queredes correr á App Store a facervos coa aplicación, mellor que non vos molestedes: necesitariades unha lente específica que custa 500 dólares e que aumenta o suficiente para facer posible a detección. E non, non é algo que probablemente empezaremos a ver nos iPhones dos dermatólogos, pero isto podería axudar a que os diagnósticos cheguen dunha forma moito mais efectiva a lugares remotos ou que non poden permitirse o acceso a estes especialistas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario