martes, 13 de maio de 2014

Marihuana

O debate da legalización da marihuana esperta opinións encontradas. Entre os detractores están os que advirten que permitir o seu consumo, podería facer que as persoas se tornen máis violentas, levándoos a cometer delitos moito máis doadamente. É sabido que o consumo desta droga altera as capacidades cognitivas e o estado de ánimo, aletargando e atenuando das respostas do sistema nervioso; non obstante, para a medicina, o seu uso tamén pode ser benéfico reducindo os efectos de moitas enfermidades penosas como o cancro, por exemplo. Pero por que hai persoas que insisten en que a marihuana aumenta o número de crimes? Hai algo de certo?
Particularmente, nos Estados Unidos, onde en 11 estados é legal o consumo medicinal desta substancia, púxose sobre o tapete o debate sobre os efectos sociais da marihuana. Segundo o criminólogo Robert Morris, a aprobación do consumo desta droga podería relacionarse co descenso nalgúns delitos, aínda que é necesario ter cautela ao afirmalo, xa aínda que non hai investigacións científicas de rigor que demostren a relación directa entre consumo e aumento do crime en xeral.

O asalto e homicidio serían os principais delitos que demostran unha redución considerable para ter en conta esta relación entre consumo-delito.

Morris puntualiza que, contrario ao que se puidese crer, o cultivo de plantas de marihuana e os dispensarios se asocian á victimización e por conseguinte ao incremento dramático na pauperización e criminalidade de acordo coas estatísticas tras a legalización.

Estes modelos sobre consumo dan conta dun patrón de variables sociolóxicas e económicas ligadas ás taxas de criminalidade, delincuencia, desemprego, educación universitaria e mesmo o consumo de cervexa. Isto sería un experimento sociolóxico fundamental para observar o comportamento social tras a legalización da marihuana e os seus efectos a longo prazo.
Este estudo sobre a incidencia do consumo de drogas e a súa relación cos delitos podería ser un indicador científico de como unha sociedade no futuro, podería outorgar os seus cidadáns dereitos limitados, facendo desta un modelo de responsabilidade e autorregulación das súas condutas.

A posibilidade de que se consuma unha droga determinada e legal sen consecuencias negativas para unha sociedade parece unha utopía dunha novela de ciencia ficción, pero para a psicoloxía e socioloxía é unha realidade que ten un porvir menos ilusorio do que parece.

Ningún comentario:

Publicar un comentario