martes, 13 de maio de 2014

Dorothy Hodgkin


Dorothy Crowfoot Hodking é unha das científicas máis importantes da historia. Naceu en Exipto, o 12 de maio de 1910 e morreu o 29 de xullo de 1994. Na súa longa vida, demostrou unha gran paixón pola ciencia, especialmente pola química. Esa mesma paixón, legounos descubrimentos importantes para a bioquímica e a saúde, e a ela merecéronlle un premio Nobel. Propóñoche coñecer estes 5 datos interesantes sobre Dorothy Hodgkin.
Dorothy Hodgkin gañou o premio Nobel de Química en 1964, por descubrir a estrutural molecular de varias substancias, utilizando raios X. É un das catro mulleres que gañaron o Nobel de Química ata agora, xunto a Ada Yonath, Irene Joliot Curie e a grandiosa Marie Curie.
En Oxford, Dorothy sentiuse atraída pola cristalografía, polo que pronto decidiu dedicarse ao estudo da cristalografía con rayos-X. Grazas aos seus logros, esta técnica foi establecida como a forma ideal para estudar a estrutura das moléculas orgánicas.
En plena Segunda Guerra Mundial, Hodgkin arranxoullas para seguir as súas investigacións. Así, en 1945, Dorothy Hodgkin resolveu a estrutura da penicilina xunto ao seu equipo. Un logro importante para o desenvolvemento e a mellora de antibióticos.



Grazas ás súas investigacións no campo da bioquímica e a paixón por lacristalografía de raios X, logo de recibir o premio Nobel de 1964, continuou o seu labor xunto ao seu equipo de investigadores ata que puido resolver a estrutura da molécula de insulina, e así colaborar coa loita contra a diabete. A estrutura final da insulina foi develada ao mundo da ciencia en 1988, cando a nosa querida Dorothy tiña 78 anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario