xoves, 8 de maio de 2014

Contra o tumor


Un equipo de científicos españois, do que forma parte o Departamento de Farmacoloxía da Facultade de Farmacia da Universidade Complutense de Madrid, demostrou o potencial antitumoral da hispanolona, unha molécula que se obtén de plantas silvestres moi comúns na Península Ibérica e presentes na flora da Comunidade de Madrid. O traballo publícao este mes de marzo a revista Oncogene.

Coordinada por Sonsoles Hortelano, do Instituto de Saúde Carlos III, a investigación realizouse en colaboración con Beatriz de las Heras e Irene Cuadrado, do Departamento de Farmacoloxía da Facultade de Farmacia da Universidade Complutense, e o doutor Lisardo Boscá, do Instituto de Investigacións Biomédicas Alberto Sols (CSIC-UAM).

Nesta investigación avaliouse a actividade antitumoral de derivados do diterpeno hispanolona, illados de especies vexetais da familia Labiadas (Ballota hispanica -comunmente coñecida como manrubio vermello-, Galeopsis angustifolia Hoff.), que están amplamente estendidas pola Península Ibérica. Obtívose unha serie de derivados cuxos efectos antitumorais se avaliaron en modelos in vitro e in vivo.

Os resultados describen que os derivados de hispanolona inducen morte celular por apoptose en diferentes liñas celulares de tumores, a través da vía de receptores de morte, diana específica das células tumorais, xa que non está presente nas células sas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario