luns, 25 de novembro de 2013

Neutrinos captados na Antártida

Mediante o IceCube dentro dun kilómetro de xeo, este detector capta as partículas elementais xeradas fóra do Sistema solar: os neutrinos da astrofísica. Chegaron a captar vinte oito neutrinos dunha gran enerxía e cunhas caracterísitcas tan peculiares que non puideron xerarse no Sol. Aínda non poden dicir con exactitúde que fenómenos produciron estes neutrinos, pero as principales teorías señalan as explosións de supernova, buracos negros ou outros fenómenos externos onde unha gran cantidade de materia ordinaria vése exposta a procesos perturbadores de grandes enerxías.
O grupo de investigación está formado por douscentos cincuenta físicos e enxeñeiros de doce países e ademáis participan no estudo dezaseis universidades estadounidenses.
Formado por 86 cables onde están 5.160 módulos ópticos que permiten ver destellos de luz moi pequenos emitidos cando un neutrino interactúa co xeo. Os cables están distribuídos ao longo dun filómetro cúbico nunha profundidade aproximada de 1.450 ou 2.450. E os datos envíanse directamente ata a Universidade de Wisconsin-Madison en Estados Unidos para acadar a análise dos resultados.
Tardaouse sete anos para construír esta especie de microscopio para estudar partículas tan pequenas como os neutrinos, eso sí, en condicións extremas de frío polar antártico. Costou douscentos millóns de euros e comezou a funcionar no ano 2010.





Ningún comentario:

Publicar un comentario