luns, 25 de novembro de 2013

A misión Swarn

Comsposta por tres satélites de cincocentos kilos cada un lanzados dende unha estación rusa a cargo da ESA (Axencia Europea do Espazo) e foi un éxito xa que as primeiras medicións foron realizadas sen problemas. Toman datos sobre o magnetismo terrestre, a alta atmosfera e a inluencia do Sol na Terra (cómo nos perturba a súa radiación).
Colocados en órbita terrestre e con magnetrómetros nunha especia de brazo robótico permítelles obter os datos requeridos. E a súa construcción foi en maior parte o gran problema xa que os enxeñeiros tiveron que crealos sen utilizar elemntos magnéticos ocmo o ferro e diferentes metais comunmente utilizados no ámbito aeroespacial, xa que estes impedirían a correcta obteción de datos. Básicamente construídos con materiais de fibra de carbono e evitando pegamentos que poderían conter impurezas metálicas.
Tamén están equipados con acelerómetros máis sensores de estrellas de referencia, sen olvidarnos do receptor GPS integrado que permite saber exactamente onde está en todo momento e controlalo.
Cun presuposto duns douscentos vinte millón de euros incluído o cohete que os elevou ata a súa órbita. As comprobacións e calibracións totais pra facer as exactas medicións non estarán preparadas ata dentro de tres meses.




Ningún comentario:

Publicar un comentario