domingo, 23 de febreiro de 2014

Materia subatómica



"O Paradoxo de Fermi" é a contradición de que a pesar de que existen teorías que aseguran que hai máis vida intelixente no universo, o ser humano nunca tivo contacto con intelixencia extraterrestre.

Para algúns investigadores, esta falla débese a un reflexo da forma na que buscamos, proxectando os nosos propios paradigmas existenciais. Para Hugo de Garis, investigador de intelixencia artificial, antigas civilizacións extraterrestres poderían ter aproveitado os poderes computacionais da materia subatómica diseminándose nos elementos para formar unha complexa rede de tecnoloxía vivente, a menor escala e moito máis eficiente que a colonización de planetas con aparatosas naves espaciais.

De Garis fala sobre o seu X-Tech (tecnoloxía extraterrestre atómica), que prové unha posible solución ao Paradoxo de Fermi.Tal vez non están a vivir fóra noutros planetas, senón que existen ao interior dos átomos e as partículas. Talvez deberiamos de estar a buscar dentro das partículas elementais xa que estas criaturas activadas a estas escalas diminutas operarían moito máis rápido, con maior densidade e con niveis de desempeño superiores. Talvez necesitamos cambiar de paradigma, do espazo exterior ao espazo interior, de SETI a SIPI ( the Search for Infra Particle Intelligence).

As hiperinteligencias que teñen miles de millóns de anos máis ca nós no noso universo (que é unhas tres veces máis vello que o noso sol), probablemente se reduciron para alcanzar maiores niveis de performance. Civilizacións enteiras poderían estar a vivir dentro de volumes do tamaño dun nucleón ou máis pequenos.

Sen embrago, algo que non menciona De Garis é a posibilidade de que estas intelixencias extraterrestres tamén se diseminasen a través de microorganismos como virus e bacterias. Isto, especialmente considerando que é sumamente posible que a vida iniciase no noso planeta a través de microorganismos provenientes das estrelas.
Por que non pensar que unha civilización extraterrestre se inseminase a si mesma en nós? Que mellor forma de controlar que dende dentro? Resulta desaforado, pero non completamente implausible, pensar que existe unha rede de intelixencia bacterial ou viral que computa información de xeito distribuído, un paso máis alá da "mente global" prehumana das bacterias que esboza Howard Bloom.

O KM3NeT


A decisión sobre a futura situación do telescopio de neutrinos máis grande do mundo toma estes días nunha reunión en Vilanova i a Geltrú (Barcelona). Será nunha reunión con máis dun centenar de científicos de todo o mundo auspiciada pola Universidade Politécnica de Cataluña (UPC).

Este telescopio, denominado proxecto KM3NeT e en cuxa construción participará a UPC, servirá para estudar o Universo dende o fondo mariño, ver o impacto da contaminación acústica no mar, así como fenómenos astronómicos e de física de partículas.

Os científicos, que permanecen en Vilanova ata o próximo venres, teñen previsto analizar cual será a mellor situación para este gran telescopio, que será a segunda infraestrutura máis grande realizada ata agora despois da gran muralla chinesa, e superará en altura o Burj Khalifa de Dubai -o edificio máis alto do mundo-, pero mergullado centenares de metros no fondo do mar.

Captación de neutrinos



Segundo explicou a UPC, este tipo de telescopios permiten capturar neutrinos, unhas partículas subatómicas que non teñen practicamente masa, electricamente neutrais.

Os neutrinos emítense durante unha desintegración radiactiva e poden achegar valiosa información dos fenómenos astrofísicos onde se producen, como as explosións de estrelas ou supernovas, os buratos negros, os centros activos de galaxias e outros fenómenos extremos do Universo.

O obxectivo destes instrumentos é localizar neutrinos e descifrar as súas características e para iso hai que detectar a chamada radiación de Cerenkov, que é o rastro que deixan as partículas cargadas de neutrinos cando entran na atmosfera terrestre.

Este feito pódese ver mellor dende o fondo do mar, onde non hai contaminación lumínica e para detectalo se dispoñen tubos fotomultiplicadores que captan as pequenos sinais de luz e transfórmana nun sinal eléctrico.


Estes tubos e os seus fotodetectores son os verdadeiros "ollos" do KM3NeT, que miran cara ao fondo do mar para estudar os fenómenos astronómicos.

Óptica futura


O futuro KM3NeT (siglas procedentes de Km3 Neutrino Telescope) será dun tamaño cincuenta veces superior ao do seu predecesor, o ANTARES (Astronomy with a Neutrino Telescope and Abyss Environmental Research).

Durante os últimos 15 anos, o antecesor do KM3NeT recolleu datos astronómicos dende 2.500 metros de profundidade do Mediterráneo, preto da costa da Provenza (Francia). Precisamente, no encontro científico que se iniciou en Barcelona tamén avaliaranse os resultados obtidos por este telescopio.
                           


                                    

 Seguindo o modelo do ANTARES, o KM3NeT estará formado por unha reixa tridimensional de fotodetectores de alta sensibilidade fixados en cables, que, dende o fondo do mar, se elevarán centos de metros en dirección á superficie, formando un gran cilindro.

A UPC proporcionará a tecnoloxía para revelar o comportamento diario dos organismos mariños das augas máis profundas e a influencia do ruído e contribuirá a detectar a pequena carga acústica que produce o neutrino ao impactar na auga do mar.

De España, ademais do LAB da UPC, tamén participa o Instituto de Física Corpuscular (IFIC), un centro mixto do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC e da Universidade de Valencia), que coordina a participación científica española. Tamén participa un grupo de investigación da Universidade Politécnica de Valencia.

Enerxía solar


Posiblemente encontrémonos ante a solución definitiva ao xeito de aproveitar a enerxía solar para transformala en electricidade. Esta curiosa estrutura parece estar recén sacada dunha película de ambiente futurista pero trátase dun xerador de enerxía solar autónomo. André Broessel foi o autor deste curioso deseño.

Tras ser analizado e tido sido estudado, esta disposición de paneis fotovoltaicos en esfera son un 35% máis eficientes que os tradicionais, e moito máis cando se lle adapta un modelo de seguimento do Sol para non desaproveitar nin un só raio de luz. O principal motivo polo que Broessel decidiu crear esta grande orbe de cristal non foi outro que xustificar que é a Terra quen se move arredor do Sol e non ao revés, como parecen funcionar os paneis solares tradicionais, que ao ser fixos non son tan eficientes.

Esta esfera actúa como unha especie de lente capaz de enfocar toda a luz captada pola superficie desta a un mesmo punto, aumentando a súa sostibilidade e eficiencia. Á súa vez, leva incorporado un sistema de rastrexo intelixente co que detectar onde se encontra a maior cantidade de luz en condicións meteorolóxicas adversas.
Outra baza a favor deste invento é que é máis respectuoso co medio, en canto aos materiais dos que está construído. Por outro lado, este non é máis que un proxecto base do que se pode chegar a mellorar neste tipo de proxectos de aproveitamento de enerxías renovables.

Como non podía ser doutro xeito, trátase dun novo proxecto de crowdfunding polo que o seu deseñador necesita recadar 120.000 dólares para sacar esta orbe de cristal ao mercado.

Minería espacial




A axencia espacial, de feito, xa está a operar con privados para levar provisións á Estación Espacial Internacional nunha alianza que funcionou ben e que se está a facer cada vez máis necesaria para a axencia, cuxo presuposto se viu reducido.

Os robots de exploración expacial iranse incrementando no presente século
Espérase que unha ou dúas compañías obteñan contratos para construír robots de exploración, o que sería o primeiro paso para facer minaría no satélite natural da Terra. O contrato non implicará un financiamento de parte do goberno de EUA, aínda que o proxecto recibirá apoio da NASA.

Non obstante, segundo un tratado da ONU de 1967, os países non poden reclamar terreos na Lúa, polo que a posibilidade de explotar os seus recursos por parte de empresas privadas espertou unha vez máis o debate sobre os dereitos de propiedade en terreo extraterrestre. De prosperar a intención da NASA, podería levar a modificar o tratado, ou crear solucións alternativas que permitan explotar os recursos da Lúa.




Nova tecnoloxía

IBM anunciou que deu un novo paso en incorporar grafeno á electrónica moderna. Desenvolveu un chip que, aínda que está fabricado principalmente por silicio, utiliza o material a base de carbono para construír os transistores.
Segundo a compañía, o grande avance desta nova tecnoloxía é que permite integrar ambos os dous materiais -silicio e carbono- nun único chip, e sen cambiar demasiado os procesos industriais convencionais. Neste caso desenvolveron un circuíto que converte un sinal de radiofrecuencia analóxica en dixital.






A tecnoloxía desenvolvida por IBM pode permitir substituír algúns compoñentes dos circuítos por grafeno, e mellorar as súas capacidades no proceso, xa que é mellor condutor que o silicio. Ademais, permite implantalo sen degradar ou alterar o resto do circuíto.
Aínda que aínda non está listo para o seu uso comercial, a técnica de IBM podería permitir o desenvolvemento de chips de telecomunicacións de alta capacidade. Teléfonos móbiles, conexións de rede ou mesmo radares.
Para conseguir isto os enxeñeiros de IBM -que traballan dentro dun proxecto para a Axencia de Proxectos Avanzados de Defensa de EUA (DARPA)- colocan unha película de grafeno como a capa superior do circuíto completo mediante unha especie de forno que permite realizar a deposición.
IBM xa creara unha tecnoloxía parecida, e presentouna en 2011. Segundo os propios investigadores neste tempo conseguiron mellorar a velocidade do seu chip 10.000 veces.

A fusión nuclear


O logro da fusión nuclear por confinamento é unha boa noticia. Serao máis cando se materialice en reactores comerciais de fusión. Na técnica de confinamento empréganse láseres de elevada potencia que inciden sobre unha pequena mostra de material logrando as condicións de elevada presión e temperatura, propias dos partes máis internas dos estrelas, e forzar así as unións entre átomos. Non obstante, a que non dá despegado é a fusión por confinamento magnético, na que se empregan potentes campos magnéticos para reproducir no seu interior as condicións para a fusión con liberación neta de enerxía. Os reactores nucleares que perviven son os de fisión. Sería bo para a produción de enerxía limpa que os reactores nucleares de fusión ocupasen o seu lugar a medida que se vaian apagando.

Fusión nuclear: gran paso científico en California