venres, 24 de xaneiro de 2014

O punteiro láser

Amplamente coñecido polo seu barato prezo e uso bromístico, pero non tan coñecido o risco que supón a exposición de esta az luminoso aos ollos. Sendo o raio de luz producido non visible directamente pero sí podemos observar a dispersión que crean partículas como as do po ante a exposición do láser proporcionando así a posibilidade da observación do raio de luz que pode ser de distintos cores como o bermello, verde ou violeta mesmo o azul que son os maís coñecidos. Cando diríxese o punteiro cara unha superficie opaca vemos un punto, pero se o diriximos cara a superfice dun obxecto que non é opaco entón reflícteo ou o atravesa dependendo do grao de transparencia. Porén regulase o comercio dos lásers para a venta ao público aínda que en internet podemos atopar os punteiro de az verde que son os máis perxudiciais , xa que a exposición prolongada pode dañar a retina produciendo danos irreversibles.
Como resultado da facilidade de adquirir estes productos extendeuse un uso indevido propiciado pola característica que teñen os lásers de limitar o coñecemento do seu punto de partida xa que alcanzan grandes distancias e o az de luz non é visible.


mércores, 27 de novembro de 2013

A gravidade de Einstein

Para este físico a gravidade e a consecuencia de deformación que a masa dos obxectos crean no espazo-tempo onde a perturbación gravitatoria como campo é desenvolvida polo entorno espacial que rodea ó obxecto, é unha aplicación da súa teoría da relatividade xeral. A interacción gravitatoria é iso, a deformación creada pola masa, polo que non existe a forza gravitatoria, a gravidade é unha ilusión, o que nós vemos como "forza" (que cremos saber que é vectorial de caránter atractivo e direcionada cara o centro xeométrico do obxecto astronómico que xera a forza) é un efecto da xeometría deformada de maneira que o espazo crea o empuxe en proporción da deformación aplicada no plano desa dimensión.


luns, 25 de novembro de 2013

Neutrinos captados na Antártida

Mediante o IceCube dentro dun kilómetro de xeo, este detector capta as partículas elementais xeradas fóra do Sistema solar: os neutrinos da astrofísica. Chegaron a captar vinte oito neutrinos dunha gran enerxía e cunhas caracterísitcas tan peculiares que non puideron xerarse no Sol. Aínda non poden dicir con exactitúde que fenómenos produciron estes neutrinos, pero as principales teorías señalan as explosións de supernova, buracos negros ou outros fenómenos externos onde unha gran cantidade de materia ordinaria vése exposta a procesos perturbadores de grandes enerxías.
O grupo de investigación está formado por douscentos cincuenta físicos e enxeñeiros de doce países e ademáis participan no estudo dezaseis universidades estadounidenses.
Formado por 86 cables onde están 5.160 módulos ópticos que permiten ver destellos de luz moi pequenos emitidos cando un neutrino interactúa co xeo. Os cables están distribuídos ao longo dun filómetro cúbico nunha profundidade aproximada de 1.450 ou 2.450. E os datos envíanse directamente ata a Universidade de Wisconsin-Madison en Estados Unidos para acadar a análise dos resultados.
Tardaouse sete anos para construír esta especie de microscopio para estudar partículas tan pequenas como os neutrinos, eso sí, en condicións extremas de frío polar antártico. Costou douscentos millóns de euros e comezou a funcionar no ano 2010.





A misión Swarn

Comsposta por tres satélites de cincocentos kilos cada un lanzados dende unha estación rusa a cargo da ESA (Axencia Europea do Espazo) e foi un éxito xa que as primeiras medicións foron realizadas sen problemas. Toman datos sobre o magnetismo terrestre, a alta atmosfera e a inluencia do Sol na Terra (cómo nos perturba a súa radiación).
Colocados en órbita terrestre e con magnetrómetros nunha especia de brazo robótico permítelles obter os datos requeridos. E a súa construcción foi en maior parte o gran problema xa que os enxeñeiros tiveron que crealos sen utilizar elemntos magnéticos ocmo o ferro e diferentes metais comunmente utilizados no ámbito aeroespacial, xa que estes impedirían a correcta obteción de datos. Básicamente construídos con materiais de fibra de carbono e evitando pegamentos que poderían conter impurezas metálicas.
Tamén están equipados con acelerómetros máis sensores de estrellas de referencia, sen olvidarnos do receptor GPS integrado que permite saber exactamente onde está en todo momento e controlalo.
Cun presuposto duns douscentos vinte millón de euros incluído o cohete que os elevou ata a súa órbita. As comprobacións e calibracións totais pra facer as exactas medicións non estarán preparadas ata dentro de tres meses.




Axiomas

É unha proposición considerada como evidente e aceptada sen requerir demostración previa. En oposición aos postulados que non son evidentes por sí mesmos nin demostrados pero que acéptanse xa que no existe outro principio do que poda ser deducido. Dentro dun sistema hipotético-deductivo é a proposición non deducida de outras porque é a regra xeral dun pensamento lóxico como linguaxe que utilizamos para entender o estudo de detrerminadas realidades. Utilizamos axiomas en matemáticas xa que a súa base é a lóxica dun pensamento lóxico.

A ley de Moore

(incríble)

Amosa a dicir que cada dous anos duplícase o número de transistores nun circuito integrado. Empíricamente foi sendo demostrada ata os nosos días corroborada dixo esta teoría que cada dezaoito meses a capacidade de integración duplicaríase. O resultado............. móviles dun material que pódese dobrar:


A teoría de cordas

Como modelo fundamental da física teórica que indica a existencia de catro dimensións, ademáis amósanos que todálas partículas fundamentais non son maís que estados de estas "cordas" que según como estén forman un tipo de partícula ou outro. Actualmente está acaparando a atención da mairoría dos estudosos (físicos prácticos, teóricos,etc.) deixando así outros campos de estudo necesarios baleiros pero que son precisos e coorrelativos para o correcto desenrolo desta nova teoría aínda non demostrada empíricamente que só pode ter dúas saídas: ou a nova conepción do universo ou o período de investigación (dende os oitenta) máis infructífero da historia como pérdida total de tempo esforzo e diñeiro detrás de reflexións teóricas demasiado entusiastas como indica Lee Smolin nun dos seus escritos.